miércoles, 13 de febrero de 2013

Bob Esponja

Bob Esponja é unha serie de televisión creada por Stephen Hillenburg de orixe estadounidense e de debuxos animados. Esta serie foi deseñada para atraer a adultos e nenos. Esto ten moito que ver coa absurda forma de vida submarina, as situacions representadas, referencias, e palabras utilizadas, poden levar a que os espectadores máis novos  non as entendan. Non ten unha alta sofisticación de imaxe e sen embargo son historias moi simples e divertidas que atraen. A través das suas extravagantes aventuras. Pola contra esta serie tamén ten os seus aspectos negativos como no feito de que transmite valores negativos aos nenos.As personaxes principais son as seguintes:
  • Bob Esponja: É unha esponxa que vive nunha piña debaixo do mar, acompañado polo seu caracol doméstico, Gary. Adora o seu traballo como cociñeiro no Krustáceo Krujiente. É inocente, imaxinativo e infantil.
  • Patricio: Ademáis dunha estrela de mar, é o mellor amigo de Bob. Non é o habitante máis brillante do fondo do mar, polo que as suas boas intencións rematan causando problemas. Sempre atopa algo que lle fai rir.
  • Arenita: É un esquío dada á aventura e ao desafío. Un día decidiu imporse o reto de vivir debaixo do mar, nunha furna chea de aire. Así convertiuse en amiga de Bob, co que entrena kárate.
  • Calamardo: É o veciño de Bob en Fondo de Bikini, onde viven todos. Calamardo pensa que él pode facelo todo mellor que os demáis. É un tacaño e todo lle molesta, sobre todo as delirantes aventuras de Bob e Patricio. O único que lle gusta é tocar o seu clarinete.
  • Sr. Cangrejo: É o xefe de Bob e o dono do Krustáceo Krujiente. O que máis lle gusta no mundo é facer diñeiro e velar para que nada lle pase a sua adorada filla Perla. É malhumorado e gruñón.


En definitiva, e tras unha pequena análise podemos concluir que Bob Esponja non é a serie máis adecuada para que vexan os nenos, xa que presenta aspectos críticos que os nenos probeblemente non entendan polo que os levaría a comportarse da maneira que o creador quere criticar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario