lunes, 21 de enero de 2013

A Televisión Educativa

A televisión educativa é un medio de comunicación altamente difundido.
Entendemos por Televisión Educativa ás emisions dentro da programación  xeral, que polo seu contido, presenta posibilidades de aplicación educativa e cultural.
Non sempre falar de televisión educativa significa o mesmo, podemos atopar as seguintes variantes:
  • Televisión educativa: Contidos de interés formativo ou educativo, pero non forman parte do curriculum escolar e van dirixidos á totalidad da poboación.
  • Televisión escolar: Persigue suplantar ao sistema escolar formal, marcándose como obxetivos os mesmos que o sistema educativo xeral.
  • Televisión cultural: Presenta un contido amplo e posee como obxetivo prioritario a divulgación e o entretemento.
Clasificación dos programas segundo a forma na que se presenta a mensaxe:
  • Monovalentes: Aportan unha información rigurosa, precisa, limitada e secuenciada.
  • Polivalentes: Utilizan procedementos variados e non resulta un programa acabado.
  • Programas de estructura pechada.
  • Programas de estructura aberta.
O esquema proposto por Salinas para o uso da televisión educativa como medio nos procesos de ensinanza-aprendizaxe é o seguinte:
  • Preteledifusión: Debe comezar por parte do profesor, seleccionando e deseñando actividades e exercicios posteriores á emisión do programa.
  • Teledifusión: O profesor ten que dar exemplo coa observación atenta do programa e a toma de notas para posteriores aclaracions.
  • Avaliación-explotación: Debe comezar coa formulación de preguntas xerais polo profesor, para coñecer como foi percibida a información.
  • Actividades de extensión: En función da comprensión, o profesor pode realizar actividades complementarias.
Outro aspecto importante é a creación de espectadores críticos xa que na nosa sociedade, a televisión constitue un dos medios más influintes. Para elo hai diferentes propostas:
  • Escola crítica/activa: Ensinanza como o corazón do proxecto educativo
  • Telespectador activo: Necesidade de formar espectadores máis críticos e activos.
En definitiva, o que se pretende é unha maior facilidade de acceso como a ampliación de posibilidades no ámbito da educación ademáis de crear espectadores críticos que sepan ver a tele e que tamén sepan cando apagala.

Bibliografía:
Castaño, C. y Llorente, M.C. (2006): “La televisión educativa” en Cabero, J. (coord.):  Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid: Mc Graw Hill. pp.113-127.

No hay comentarios:

Publicar un comentario