martes, 22 de enero de 2013

Pantallas Amigas

Esta web é unha iniciativa que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia. É decir, fomentando un uso:
  • Seguro, evitando riscos ou reducindo as suas consecuencias
  • Saudable, buscando o pleno benestar físico, mental e social, individual e colectivo.
  • E a Cibercidadanía, desenrolando competencias cidadás plenas, valores e habilidades.
As suas sinas de identidade son as seguintes:
  • Utilización de estratexias multicanal de comunicación educativa .
  • Desenrolo de habilidades para a vida de tipo social (empatía..), cognitivo (pensamento crítico…) e emocional (control de emocions...)
  • Promoción de valores universais como respeto, responsabilidade, xustiza, solidariedade, cooperación, participación, equidade, igualdade de oportunidades e coidado das demáis persoas.
  • Transversalidade con outros aspectos educativos (equidade de xénero, inclusión...)
  • Innovación en procesos, medios, canles e axentes.
Dentro desta páxina tamén podemos encontrar outros apartados nos que se fala de sensibilización  e prevención onde nos enlazan páxinas web nas cales nos describen moitos dos problemas surxidos dun mal uso das novas tecnoloxías como por exemplo:
  • Cyberbulling: É cando un ou unha menor atormenta, ameaza, hostiga, humilla ou molesta a outro/a mediante Internet, teléfonos móviles, consolas de xogos ou outras tecnoloxías telemáticas.
  • Grooming: Utilizase para describir as prácticas online de certos adultos para gañarse a confianza dun (ou unha) menor finxindo empatía, cariño, etc. con fins de satisfacción sexual.
  • Sexting: Consiste no envío de contidos de tipo sexual. 
  • Privacidade: A intimidade e os datos persoais de cada persoa están protexidos pola lexislación fundamental dos diversos Estados, sendo a sua vulneración un delito.
  • Sextorsión: Chantaxe a partir de fotos sexuais roubadas.
  • Ciberdelitos: Son delitos online.
  • Tecnoadicción: Consiste en sufrir adiccions tecnolóxicas
Para elo valense de documentos de axuda así como videos e diversos recursos como por exemplo:


Podes ver máis recursos aqui ou aqui



Se queres máis información clica aqui

No hay comentarios:

Publicar un comentario